14/11/2025
Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2025
Inscricións ata o 5 de decembro de 2025 ás 14:00 h.

O Concello de Barbadás convida á veciñanza a participar nunha nova edición do Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais, unha iniciativa pensada para encher de luz, cor e creatividade as rúas durante o Nadal.
Obxectivo:
Dar visibilidade ao talento e á ilusión coa que os veciños e veciñas decoran as súas vivendas nestas datas tan especiais, sen finalidade comercial, fomentando o espírito comunitario e a participación cidadá.
Quen pode participar:
Todas as persoas residentes no Concello de Barbadás que dispoñan de balcóns, xanelas ou portais decorables.
Como participar:
-
Cubrir a solicitude dispoñible na Casa do Concello, na Oficina Municipal de A Valenzá ou na adxunta a esta publicación
-
Presentar a inscrición por rexistro e enviar unha fotografía da decoración ao correo: cet@barbadas.es, indicando no asunto “Participación Concurso de Balcóns, Xanelas e Portais” e o nome da persoa participante.
-
O prazo de presentación de inscricións estará aberto do 14 de novembro ao 5 de decembro de 2025 ás 14:00 h.
Criterios de valoración:
-
Creatividade e orixinalidade.
-
Combinación de elementos, cores e iluminación.
-
Motivos empregados e composición xeral.
Votación:
A veciñanza poderá votar telematicamente a través dun formulario na web municipal entre os días 10 e 17 de decembro de 2025 (ata as 14:00 h).
Premios:
-
Mellor balcón
-
Mellor xanela
-
Mellor portal
Entrega de premios:
Os diplomas ás persoas gañadoras entregaranse o 22 de decembro de 2025.
Lembra:
A participación implica a aceptación das bases do concurso.
O Concello poderá introducir as modificacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.
| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 14/11/2025 | Ficha inscrición concurso decoración de balcóns 2025 PDF [51 KB] |
| 14/11/2025 | Bases concurso balcóns 2025 PDF [210 KB] |