25/11/2022
Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais Nadal 2022

O Concello de Barbadás a través da Concellería de Comercio convoca o Concurso de decoración de balcóns, xanelas e portais do Nadal 2022.Poderán participar todos os veciños/as do Concello de Barbadás, que teñan vivendas con balcóns, xanelas ou portais que poidan ser decorados.
- Inscricións
A ficha de inscrición presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica desde o 28 de novembro ata o 11 de decembro de 2022 (ambos incluídos).
Coa ficha de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do balcón, xanela ou portal ó enderezo de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2022 (incluído), facendo constar no asunto do correo electrónico PARTICIPACIÓN CONCURSO DE BALCÓNS, XANELAS E PORTAIS así como o nome da persoa participante.
- Premios
Establécense os seguintes premios:
1º premio ao mellor balcón de 250 €
1º premio a mellor xanela de 250 €
1º premio ao mellor portal de 250 €
- Votación popular
Habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 13 e 19 de decembro de 2022.
Información detallada nas bases do concurso
Data | Adxuntos |
---|---|
25/11/2022 | Ficha-inscrición-BALCÓNS-NADAL-2022-autoeditable PDF [647 KB] |
25/11/2022 | Bases concurso Balcóns Nadal 2022 PDF [229 KB] |