29/11/2021
Concurso de escaparates de Nadal en Barbadás
Inscricións: do 30 de novembro ata o 11 de decembro

CREATIVIDADE, ORIXINALIDADEE APRECIACIÓN DE ELEMENTOS LOCAIS SERÁN VALORADOS PARA PREMIAR OS ESCAPARATES DO COMERCIO LOCAL E DA HOSTALARÍA EN BARBADÁS
A Concellería de Comercio organiza, un ano máis, o concurso de escaparates de Nadal para a participación de establecementos comerciais e de hostalaría do Concello de Barbadás.
- Poderán participar todos os establecementos comerciais e tamén os establecementos hostaleiros.
- O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición.
- No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, valorarase a decoración interior, exterior e das terrazas.
- A creatividade servirá para innovar o concepto tradicional do Nadal, amosando a mesma a través da decoración, a innovación, o deseño e o emprego de diversos materiais (reciclados, reutilizables, ecolóxicos).
- Respecto da orixinalidade, o que se valora serán elementos que aporten á decoración algo especial e diferenciado.
- Prazo de inscrición: O impreso de inscrición presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica dende o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2021 (ambos incluídos).
- Envío de foto do escaparate: Unha vez presentada a folla de inscrición será preciso enviar unha foto do escaparate ou decoración interior, no seu caso, a cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2021 (incluído), facendo constar no asunto do correo electrónico PARTICIPACIÓN CONCURSO DE ESCAPARATES E DECORACIÓN DO NADAL así como o nome do establecemento comercial ou hostaleiro
- Votacións: Na web do Concello (www.barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente pola súa decoración favorita, entre os días 13 e 19 de decembro de 2021.
- Premios:
- 1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
- 2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
- 1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
- 2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€.
- O día 22 de decembro coñeceranse as persoas gañadoras e o día 23 de decembro de 2021 farase entrega dos diplomas ás persoas gañadoras.
Data | Adxuntos |
---|---|
29/11/2021 | Ficha-inscrición-ESCAPARATES-2021_autoeditable PDF [260 KB] |
29/11/2021 | Bases concurso escaparates 2021 PDF [165 KB] |
Barbadás Quéreo Viveo, Campaña de Nadal, Comercio, Novas, Promoción económica