04/12/2023
Concurso de escaparates de Nadal 2023
Inscricións ata o 12 de decembro de 2023 ás 14:00 h

O Concello de Barbadás convoca o Concurso de Escaparates e Decoración de Nadal co obxectivo de fomentar a colaboración cidadá na ornamentación e embelecemento da vila durante a tempada de Nadal 2023-2024, facendo partícipes ao tecido comercial e hostaleiro de Barbadás.
- Participación
Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barbadás, tanto sexan persoas físicas como xurídicas.
- Valoración
O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.
No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, terase en conta para que poidan participar a decoración interior, exterior e das terrazas.
Valorarase a creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.
- Procedemento
Os impresos poderán obterse, no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través da páxina web do Concello (www.barbadas.es)
Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica desde o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (03.12.2023) ata o 12 de decembro de 2023 ata as 14:00 h.
Os/as interesados/as deberán, na solicitude de inscrición, facer unha declaración
responsable de que se atopan ao corrente de obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesorería Xeral Seguridade Social, Axencia Tributaria Galega e o Concello de Barbadás.
Unha vez presentada a folla de inscripción será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do escaparate ou decoración interior, no seu caso, a dirección de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h
- Votación
Establécense dúas vías de valoración dos establecementos participantes: xurado e popular, cos seguintes premios:
Premios do xurado profesional:
1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€.
Premios da votación popular:
1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€.
- Votación popular
As persoas que desexen votar poderán facelo, dende o 12 (dende as 16:00 h) ata o 18 de decembro de 2023 ás 14:00 h, neste formulario.
- Entrega de premios
O día 21 de decembro publicarase o listado dos establecementos gañadores e o 22 entregaranse os diplomas.
Data | Adxuntos |
---|---|
04/12/2023 | 20231110_Outros_Bases concurso escaparates Nadal 2023 PDF [228 KB] |
04/12/2023 | Ficha inscrición concurso de escaparates Nadal 2023 PDF [119 KB] |