15/11/2019
Concurso de Escaparates de Nadal
A Concellería de Comercio un ano máis pon en marcha o Concurso de escaparates de Nadal.
Poderán participar todos os establecementos comerciais e tamén os establecementos hostaleiros.
O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición.
No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, valorarase a decoración interior.
Data límite para inscribirse é o 22 de novembro de 2019.
Establécense os seguintes premios:
Un premio ao mellor escaparate de establecemento comercial de 250€.
Un premio ao mellor escaparate de establecemento de hostalería de 250€.
Data | Adxuntos |
---|---|
15/11/2019 | Ficha inscrición ESCAPARATES 2019 PDF [371 KB] |
15/11/2019 | Bases concurso escaparates 2019 PDF [237 KB] |