25/11/2022
Concurso de escaparates e decoración do Nadal 2022
Inscricións do 25 de novembro ao 5 de decembro de 2022
O Concello de Barbadás a través da Concellería de Comercio convoca o Concurso de Escaparates e Decoración de Nadal co obxectivo de fomentar a colaboración cidadá na ornamentación e embelecemento da vila durante a tempada de nadal 2022-2023, facendo partícipes da imaxe de Barbadás a comerciantes e a hostaleiros.
- Inscricións
Do 25 de novembro ata o 5 de decembro de 2022 (ambos incluidos)
Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica.
Unha vez presentada a folla de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do escaparate ou decoración interior, no seu caso, a dirección de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 5 de decembro de 2022
- Premios
Estableceranse os seguintes premios:
- Premios do xurado profesional:
1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€.
- Premios da votación popular:
1º premio escaparate de establecemento comercial de 300€.
2º premio escaparate de establecemento comercial de 200€.
1º premio escaparate de establecemento de hostalería de 300€.
2º premio escaparate de establecemento de hostalería de 200€.
- Xurado profesional:
A Asociación Centro Comercial Aberto da Valenzá nomeará tres representantes que visitarán os establecementos participantes e valorarán conforme aos criterios expostos nas bases do concurso.
- Votación popular:
Habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 9 e 19 de decembro de 2022.
Información detallada nas Bases do Concurso.
Data | Adxuntos |
---|---|
25/11/2022 | Ficha-inscrición-ESCAPARATES-2022_autoeditable PDF [389 KB] |
25/11/2022 | Bases concurso escaparates 2022 PDF [228 KB] |