14/11/2025
Concurso de escaparates e decoración do Nadal 2025
Inscricións de participación ata o 5 de decembro de 2025.

O Concello de Barbadás pon en marcha unha nova edición do Concurso de escaparates e decoración do Nadal, dirixido a comerciantes e hostaleiros do municipio.
Esta iniciativa ten como obxectivo dinamizar o comercio local, impulsar a creatividade e encher de ambiente festivo as rúas e establecementos de Barbadás durante o Nadal.
Obxectivo:
Fomentar o espírito do Nadal, poñendo en valor o esforzo e compromiso dos establecementos comerciais e hostaleiros coa decoración e o embelecemento do noso concello.
Quen pode participar:
Todos os establecementos comerciais e hostaleiros de Barbadás.
(O concurso celebrarase sempre que haxa un mínimo de 10 establecementos inscritos).
Como participar:
-
Cubrir a solicitude dispoñible no Concello, na Oficina Municipal de A Valenzá ou na web www.barbadas.es.
-
Presentar a inscrición por rexistro no Concello, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través da Sede Electrónica, entre o 14 de novembro e o 5 de decembro de 2025.
-
Enviar unha fotografía da decoración ou escaparate ao correo electrónico cet@barbadas.es ata o 5 de decembro ás 14:00 h.
Criterios de valoración:
-
Creatividade: innovación, deseño, emprego de materiais reutilizables ou ecolóxicos.
-
Orixinalidade: elementos que fagan a decoración especial e única.
-
Apreciación de elementos locais: inclusión de imaxes ou motivos representativos do Concello de Barbadás.
Votación popular:
A veciñanza poderá votar telematicamente na web municipal entre os días 10 e 17 de decembro de 2025 (ata as 14:00 h).
Premios:
-
1º e 2º premio para establecementos comerciais.
-
1º e 2º premio para establecementos de hostalería.
Os galardóns consistirán nun diploma acreditativo.
Entrega de premios:
Os diplomas entregaranse o 22 de decembro de 2025.
Lembra:
A participación implica a aceptación das bases do concurso.
O Concello poderá introducir as modificacións necesarias para o seu correcto desenvolvemento.
| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 14/11/2025 | Ficha inscrición concurso de escaparates Nadal 2025 PDF [50 KB] |
| 14/11/2025 | Bases concurso escaparates Nadal 2025 PDF [203 KB] |