17/11/2020
Concurso de Tarxetas de Nadal 2020
Presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020
BASES REGULADORAS DO CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2020
- Destinatarios
Dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
- Categorías
Establécense dúas categorías:
- Alumnos/as de 1º a 3º de Primaria.
- Alumnos/as de 4º a 6º de Primaria.
- Normas de participación
As tarxetas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
- O tema da tarxeta é o espíritu do Nadal e podrá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorárase a orixinalidade e a capacidade creativa.
- Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A5 (medio folio normal, 15×21 centímetros).
- Lugar e prazo de presentación
As tarxetas poderán presentarse na Casa da Cultura deixándoas no buzón habilitado para tal efecto ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.
O prazo de presentación será dende o día 17 ata o 27 de Novembro de 2020.
As tarxetas deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellaría de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2020”, e incluindo no interior outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e nº de teléfono.
- Premios
- Entregaranse dous premios por cada categoría, consistentes en:
- Categoría alumnos/as de 1º a 3º de Primaria:
1º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.
2º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.
-
- Categoría alumnos/as de 4º a 6º de Primaria:
1º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.
2º Premio: un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.
- O xurado estará composto pola Concelleira de Cultura, coordinador da Casa de Cultura e por un membro do equipo directivo dos CEIP do Concello de Barbadás.
- O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es) a partir do 30 de novembro de 2020.
- Todas as tarxetas presentadas ao concurso serán expostas na sala de exposicións da Casa de Cultura do Concello de Barbadás durante o periodo de Nadal, dende o día 21 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
- Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 21 de Decembro, coincidindo coa inauguración da exposición de todas as tarxetas presentadas, na Casa de Cultura ás 18 h.
- A tarxeta galardoada co 1º Premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas, as postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.
A participación no concurso suporá a aceptación das presentes bases.
A Concellaría de Cultura resérvase o dereito a realizar os cambios que poida considerar necesarios.
Data | Adxuntos |
---|---|
17/11/2020 | Bases concurso tarxetas de Nadal 2020 PDF [222 KB] |