30/11/2020
Concurso de vídeos de TikTok dirixido á mocidade de Barbadás
O prazo de presentación será do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2020.
UN CONCURSO DE VÍDEOS DE TIKTOK DIRIXIDO Á MOCIDADE PRETENDE QUE OS/AS XÓVENES DE BARBADÁS AMOSEN O SEU INXENIO E OCORRENCIA
O concurso de vídeos de TikTok é unha das novidades da programación de Nadal e está dirixido á mocidade de Barbadás con idades comprendidas entre 13 e 30 anos.
Entregaranse premios aos 3 vídeos que máis votos recibirán na web do concello.
- O concurso de vídeos de TikTok é unha das novidades da programación de Nadal e está dirixido á mocidade de Barbadás con idades comprendidas entre 13 e 30 anos.
- Os vídeos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos: o tema a desenvolver no video xirará en torno ao Nadal e con total liberdade en canto a técnica e estilo.; a participación pode ser de xeito individual ou en grupo. A presentación feita coa aplicación TikTok.
- O prazo de presentación será do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2020.
- Os vídeos creados enviaranse ao email xuventude@barbadas.es cun pseudónimo, nome completo, dirección, nº de teléfono e idade do participante.
- No caso dos menores de idade, deberá incluir adxunta unha autorización dos pais ou titores legais.
- No asunto da mensaxe debe indicar “Concurso de TIK-TOK 2020”.
- Na web do Concello, barbadas.es, habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar de maneira telemática entre os días 14 e 21 de decembro de 2020.
- Para máis información poden contactar no teléfono 988391526 ou e-mail xuventude@barbadas.es (Espazo Infantil, Parque da Solaina s/n, A Valenzá (Barbadás)
- Unha vez se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e publicarase o seu nome na web do concello (barbadas.es).
- Entregaranse premios aos 3 vídeos que máis votos recibirán na web do concello.
- Os premios serán os mesmos para os 3 gañadores (altofalante conectable por bluetooth, auriculares inalámbricos e pulseira de monotorización da actividade).
- Serán entregados o día 22 de decembro de 2020 na Casa da Mocidade (Rúa do Viso, á beira das Oficinas Municipais da Valenzá).