16/05/2021
Concurso infantil de debuxos pola diversidade en Barbadás
Temática "Qué é para ti a diversidade". Entrega de traballos do 24 ao 28 de maio.
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE A TRAVÉS DO CENTRO DE INTORMACIÓN Á MULLER DE BARBADÁS CONVOCA UN CONCURSO INFANTIL DE DEBUXOS POLA DIVERSIDADE EN BARBADÁS
O prazo de presentación dos debuxos será dende o día 24 ata o 28 de Maio de 2021
Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 25 de Xuño ás 12.00h
- A Concellería de igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza un concurso infantil de debuxo dirixido ós/ás nenos/as de Barbadás, con motivo da conmemoración do 28 de xuño: Día da diversidade LGTBI.
- Está dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
- Establécense dúas categorías:
– Nenos/as de 1º a 3º de Primaria
– Nenos/as de 4º a 6º de Primaria
- Os debuxos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos: Este concurso celébrase con motivo do día da diversidade –día do orgullo LGTBI- que se conmemora o día 28 de xuño, por isto o tema do debuxo é: “¿que é para ti a diversidade?”. Valorarase a orixinalidade e a capacidade creativa. Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A4 ( Folio Normal).
- Lugar e prazo de presentación:
Os debuxos poderán presentarse na Casa de Cultura, no buzón habilitado para tal efecto, ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.
O prazo de presentación dos debuxos será dende o día 24 ata o 28 de Maio de 2021.
Os debuxos deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido á Concellaría de Igualdade de Barbadás : “”Concurso de Debuxos pola Diversidade”, e incluíndo no interior outro sobre pechado cos datos persoais:
- Nome e Apelidos
- Enderezo
- Idade
- Número de Teléfono
- Premios: Entregaranse tres premios por cada categoría:
Categoría nenos/as de 1º a 3º de Primaria: – 1º Premio: Un reloxo dixital. –2º Premio: Unhos cascos inalámbricos. – 3º Premio: Un libro.
Categoría nenos/as de 4º a 6º de Primaria: – 1º Premio: Un reloxo dixital, – 2º Premio: Uns cascos inalámbricos. 3º Premio: Un libro.
- O Xurado estará composto pola Concelleira de Igualdade, a directora do Centro de Información á Muller e por unha persoa do equipo directivo dos CEIP do Concello de Barbadás.
- O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (barbadas.es) a partires do día 3 de Xuño de 2021.
- Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 25 de Xuño ás 12.00h.
- Entre todos os debuxos galardoados, o xurado escollerá un que será utilizado como imaxe do cartaz do Día da Diversidade — 28 de Xuño—do Concello de Barbadás.