02/11/2021

CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2021

Prazo presentación: do 2 ao 15 de novembro

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

A tarxeta galardoada co primeiro premio poderá ser utilizada para imaxen do Programa cultural de Nadal

As tarxetas deberán ser en cartolina ou papel e en tamaño DIN A5

 

  • O Concello de Barbadás abre hoxe o prazo para participar no concurso de tarxetas de Nadal, que se prolongará ata o 15 de novembro.

 

  • Os/as participantes estarán matriculados en Educación Primaria, dende 1º ata 6º.

 

  • As bases reguladoras do concurso establecen 2 categorías: alumnado de 1º a 3º de Primaria e alumnos/as de 4º a 6º curso.

 

  • As tarxetas deberán reflectir o espírito do Nadal e poderá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorándose a orixinalidade e a capacidade creativa.

 

  • Outro dos requisitos será a presentación en cartolina ou papel, en tamaño DIN a5 (medio folio, 15×21 centímetros).

 

  • As tarxetas depositaranse no buzón habilitado para o efecto nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, así como na Casa de Cultura.

 

  • As tarxetas presentaranse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellería de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2021”. No interior incluirase outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e número de teléfono.

 

  • O Concello entregará 2 premios por cada categoría. Para o alumnado de 1º a 3º de Primaria, un  quebracabezas 3D e un lote de libros para o primeiro e o segundo premio.

 

  • Na categoría de alumnos/as de 4º a 6º de Primaria os premios serán un altofalante conectable por bluetooth e un lote de libros.

 

  • O xurado estará composto pola concelleira de Cultura, o coordinador da Casa de Cultura e por un membro de cada un dos equipos directivos dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato.

 

  • O nome dos/as gañadores/as publicaranse na páxina web do Concello de Barbadás a partir do 30 de novembro.

 

  • Todas as tarxetas presentadas ao concurso serán expostas na sala de exposicións da Casa de Cultura durante o período de Nadal, dende o 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro.

 

  • A tarxeta galardoada co 1º premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas. As postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.
Data Adxuntos
02/11/2021 Bases-concurso-tarxetas-de-Nadal-2021 PDF [134 KB]

Educación/Formación

CONTENT.1638922049

SINGLE.1638922049