16/11/2022

Resolución concurso infantil de tarxetas de Nadal

Prazo: 28 de outubro- 14 de novembro

2022-Banner-Concurso tarxetas Nadal Concello de Barbadás

 

CONCURSO INFANTIL DE TARXETAS DE NADAL 2022

 

Este concurso está dirixido ós/ás nenos/as do Concello de Barbadás, que estean matriculados/as en educación primaria.

 

Establécense dúas categorías:

 

  • Alumnos/as de 1º a 3º de Primaria.
  • Alumnos/as de 4º a 6º de Primaria.

 

As tarxetas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

 

  • O tema da tarxeta é o espírito do Nadal e poderá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorárase a orixinalidade e a capacidade creativa.
  • Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A5 (medio folio normal, 15×21 centímetros).

 

As tarxetas poderán presentarse na Casa da Cultura deixándoas no buzón habilitado para tal efecto ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.

 

O prazo de presentación será dende o día 28 de outubro ata o 14 de Novembro de 2022.

 

As tarxetas deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido a Concellaría de Cultura de Barbadás “Concurso de Tarxetas de Nadal 2022”, e incluíndo no interior outro sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, dirección, idade e nº de teléfono.

 

Entregaranse dous premios por cada categoría, consistentes en:

 

  • Categoría alumnos/as de 1º a 3º de Primaria:

 

1ºPremio: un puzle 3D e un lote de libros.

2º Premio: un puzle 3D e un lote de libros.

 

  • Categoría alumnos/as de 4º a 6º de Primaria:

 

1º Premio: un globo terráqueo e un lote de libros.

2º Premio: un globo terráqueo e un lote de libros.

 

O xurado estará composto pola Concelleira de Cultura, coordinador da Casa de Cultura e por un membro de cada un dos equipos directivos dos CEIP do Concello de Barbadás.

 

O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es) a partir do 16 de novembro de 2022.

 

Os premios entregaranse o día 23 de decembro, no lugar e hora que se indique na publicación dos gañadores.

 

A tarxeta galardoada co 1º Premio de calquera das dúas categorías poderá ser utilizada para o Programa Cultural destas datas, as postais finalistas poderán ser utilizadas para felicitar o Nadal por parte do Concello de Barbadás.

 

Data Adxuntos
16/11/2022 Bases concurso de tarxetas de nadal 2022 PDF [195 KB]
16/11/2022 Resolución concurso de tarxetas de nadal PDF [112 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1736881062

SINGLE.1736881062