29/01/2025
Participa no Concurso de MECOS do Entroido 2025 de Barbadás
Inscrición, ata o día 14 de febreiro ás 12:00. Votación do 14 ao 24 de febreiro de 2025

Con motivo da celebración do Entroido 2025 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca o concurso de Mecos de Entroido 2025, coa finalidade amosar os mecos que realizan os/as veciños/as, como unha das expresións máis tradicionais.
Poderán participar calquera persoa ou grupo de persoas (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presenten a súa solicitude no prazo e forma establecidos.
Forma e prazo de presentación
- O prazo de presentación será dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o día 14 de febreiro de 2025 ás 12:00 h. da mañá.
- A inscrición realizarase a través deste formulario en liña.
Na inscrición será preciso achegar unha foto do meco (unha única imaxe por inscrición). O meco deberá estar exposto nun punto xeográfico dentro do concello.
Votación popular telemática
Habilítase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente ao seu meco favorito, entre os días 14 de febreiro ao 24 de febreiro de 2025.
Premios
Establécense os seguintes premios:
- 1º premio: 300 €.
- 2º Premio: 200 €.
- 3º Premio: 100 €.
Data | Adxuntos |
---|---|
29/01/2025 | Bases reguladoras do Concurso de Mecos - entroido 2025 Barbadás PDF [143 KB] |