28/01/2025
Concurso para a elección do cartel do ENTROIDO 2025
Prazo de presentación ata o día 7 de febreiro de 2025

Con motivo da celebración do Entroido 2025 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca un concurso de carteis, para seleccionar entre os traballos que participen o cartel do Entroido Barbadás 2025, mediante convocatoria por concorrencia competitiva.
Requisitos dos traballos
O formato único será vertical con tamaño 50×70 (non servirán formatos proporcionais).
Presentaran sobre un bastidor ríxido. Non existirán limites de tintas nin técnicas. A obra
deberá ser presentada en sistemas informáticos, achegarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, e correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e nos seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas.
O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as cores utilizadas.
As obras levarán como único texto Entroido Barbadás 2025. (Non poderán levar sinatura nin pseudónimos)
O tema será de libre elección e interpretación do/da autor/a, debendo reflexar o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas.
Os traballos presentados terán como única identificación un lema, o incumprimento desta norma será motivo de descalificación.
Valorarase en positivo que os deseños que se presenten a este concurso non conteñan
ferramentas de IA
Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o día 7 de febreiro de 2025.
Entrega de obras
As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás; ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás.
No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día.
Premio
O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.
O cartel premiado será propiedade do Concello de Barbadás. Dita propiedade inclúe todos os dereitos correspondente á súa reprodución, difusión e no seu caso transmisión. O Concello de Barbadás resérvase todos os dereitos de propiedade material e uso do cartel e dos distintos elementos que o conformen, xuntos ou por separado así como a súa manipulación e adaptación para adecualo nos diferentes soportes publicitarios.
Máis información nas Bases que se achegan.
Data | Adxuntos |
---|---|
28/01/2025 | Bases reguladoras do Concurso de carteis 2025 PDF [151 KB] |