07/12/2020

Concurso para premiar orixinalidade e creatividade dos esparates de comercios e hostalaría en Barbadás

Inscrición participantes ata o 11 de decembro de 2020

  • BARBADÁS PREMIARÁ AOS MELLORES ESCAPARATES QUE REFLEXEN CREATIVIDADE E A COLOCACIÓN DE IMAXES E DECORACIÓN NAS QUE SE REPRESENTAN ELEMENTOS SENLLEIROS DE TODO O CONCELLO DE BARBADÁS.

Os mellores esparates serán elixidos pola veciñanza a través de un sistema de votación telemática entre os días 14 e 21 de decembro

  • O Concello de Barbadás convoca o concurso de escaparates e decoración de Nadal co obxectivo de fomentar a colaboración cidadá na ornamentación e embelecemento da vila durante a tempada de Nadal 2020-2021, facendo partícipes da imaxe de Barbadás a comerciantes e a hostalaría.

 

  • O concurso promoverá a creatividade e a difusión dunha boa imaxe da vila co ambiente artístico e tradicional de Nadal ao gusto da veciñanza. Ademais, reforzarase a unión do tecido económico.

 

  • Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Barbadás. Unha vez presentada a folla de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do escaparate ou decoración interior, exterior e terrazas, no seu caso, a dirección de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2020 (incluido).

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, destaca que “o cambio máis significativo foi outorgar máis premios para motivar a comerciantes e hostaleiros/as para crear fachadas e escaparates máis luminosos e con ambiente de Nadal, para en definitiva beneficiar ao comercio local e incentivar o consumo nos establecementos comerciais e na hostalaría”.

 

  • O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.

 

  • No caso dos establecementos hostaleiros que non dispoñen de escaparate, terase en conta para que poidan participar a decoración interior, exterior e das terrazas.

 

  • Para a valoración, teranse en conta parámetros como a creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.

 

  • Respecto á creatividade valorarase segundo a capacidade de innovar o concepto tradicional do Nadal, mostrando isto mediante a decoración, a innovación, o deseño e o emprego de diversos materiais (reciclados, reutilizables, ecolóxicos…).

 

  • Valorarase a orixinalidade con aspectos que lle aporten á decoración algo especial e diferenciado.

 

  • Á hora de valorar os escaparates será valorada a apreciación de elementos locais a través de colocación de imaxes e decoración nas que se representan elementos senlleiros de todo o Concello de Barbadás.

 

  • Os/as hosteleiros/as e comerciantes poderán inscribirse ata o 11 de decembro cumplimentando un impreso e presentalo por rexistro: no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica.

 

  • Os impresos poderán obterse no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través deste enlace.

 

  • Unha vez presentada a folla de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto do escaparate ou decoración interior, exterior e terrazas, no seu caso, á dirección de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2020 (incluido).

 

  • Estableceranse os seguintes premios:

6 Primeiros premios aos mellores escaparate de establecemento comercial de 300€.

6 Segundos premios aos mellores escaparate de establecemento comercial de 250€.

6 Primeiros premios á mellor decoración de establecemento de hostalería de 300€.

6 Segundos premios á mellor decoración de establecemento de hostalería de 250€.

 

  • Na web do Concello (www.barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 14 e 21 de decembro de 2020.

 

  • Unha vez que se coñeza os/as gañadores/as do concurso, comunicaráselle formalmente e ademais publicarase na web do Concello (barbadas.es).

 

 

Data Adxuntos
07/12/2020 Formulario inscrición ESCAPARATES 2020 PDF [130 KB]

Comercio, Novas

CONTENT.1734162395

SINGLE.1734162395