29/10/2025
Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal 2025
Prazo do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.

O Concello de Barbadás, a través da Concellaría de Educación, convoca unha nova edición do Concurso Infantil de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos e nenas do municipio matriculados en educación primaria (de 1º a 6º curso).
O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creatividade, a expresión artística e o espírito do Nadal entre os máis pequenos.
Categorías
-
1ª categoría: alumnado de 1º a 3º de Primaria.
-
2ª categoría: alumnado de 4º a 6º de Primaria.
Requisitos
As tarxetas deben:
-
Representar o espírito do Nadal, valorándose a orixinalidade e a creatividade.
-
Presentarse en cartolina ou papel tamaño DIN A5 (15 x 21 cm), con deseño vertical.
Presentación
As obras poderán entregarse:
-
Na Casa da Cultura de Barbadás, no buzón habilitado para o concurso.
-
Nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro (conserxería).
Prazo: do 29 de outubro ao 21 de novembro de 2025 ás 14:00 h.
Cada participante deberá presentar a súa tarxeta nun sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido á Concellaría de Educación – Concurso de Tarxetas de Nadal 2025.
No interior incluirase outro sobre pechado cos datos persoais (nome e apelidos, dirección, idade e teléfono).
Resolución e premios
O xurado —formado pola Concelleira de Educación, o coordinador da Casa da Cultura e un representante de cada CEIP— seleccionará dúas tarxetas por categoría.
-
As tarxetas gañadoras poderán ser utilizadas polo Concello para o Programa Cultural de Nadal ou para felicitacións institucionais.
-
Os nomes das persoas premiadas publicaranse na web municipal (www.barbadas.es) a partir do 26 de novembro de 2025.
-
O 22 de decembro celebrarase unha recepción especial con Papá Noel, chea de sorpresas para os participantes seleccionados.
A participación implica a aceptación das bases reguladoras do concurso.
| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 29/10/2025 | Bases reguladoras do concurso infantil de tarxetas de nadal ano 2025 PDF [528 KB] |