01/08/2025
Coñece e Saborea Ourense

Coñece e Saborea Ourense é un proxecto que ten como obxectivo a promoción turística, natural, gastronómica e cultural dos concellos integrantes do GDR 11 – ADERCOU (do que o Concello de Barbadás forma parte)
As persoas participantes desfrutarán experiencias de coñecemento do patrimonio natural, cultural e gastronómico.
O proxecto desenvólvese en 8 xornadas, cada unha delas nun dos concellos participantes no mesmo (A Merca, Barbadás, Coles, Amoeiro, Gomesende, San Cibrao das Viñas, Toén e A Peroxa).
O grupo de actividades en cada xornada inclúe unha ruta de sendeirismo en espazos naturais do concello e unha degustación de produtos locais.
A partir do 1 de Agosto están abertas as inscricións ás actividades ata o esgotamento das 40 prazas ofertadas por concello.
As inscricións poden facerse no seguinte formulario