24/02/2024
Conmemoramos o Día de Rosalía
23 de febreiro de 2024 na Biblioteca Municipal de Barbadás
A Biblioteca Municipal de Barbadás, acolleu na tarde de onte, un acto de conmemoración con motivo do Día de Rosalía de Castro, para poñer en valor a vida e obra desta valente muller e escritora, figura fundamental da nosa lingua.
Primeiramente, Marga Pérez e Ana Peleteiro, concelleiras de Educación e Cultura respectivamente, deron lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
A continuación, nenos e nenas do Coro da Escola de Música, leron fragmentos da obra de Rosalía, para continuar coa entrega de agasallos aos grandes lectores e lectoras, da Biblioteca Municipal de Barbadás, do pasado ano.
• Noa e Alicia, de infantil
• Hugo e Uxía, de xuvenil
• e Antonio e Lourdes, na categoría de adultos.
Compoñentes do Club de Lectura “Café con Letras” da localidade de Bentraces, puxeron en común a súa experiencia: Comentan e intercambian opinións sobre unha mesma obra que len, á vez que comparten un café, organizan encontros cos autores ou mesmo fan saídas para coñecer os itinerarios relatados nos libros.
A nota musical, foi da man de José Antonio, á guitarra, e Noa ao violín, mestres da Escola de Música de Barbadás, que interpretaron marabillosamente, varios temas relacionados coa nosa terra e coa obra literaria da homenaxeada, Rosalía de Castro.