31/03/2024

Constitúese a asociación “Barbadás Enerxía”, que aportará á veciñanza solucións sostibles para aforrar no recibo da luz

Que os veciños e veciñas aforren no recibo da luz ao mesmo tempo que se promoven as enerxías renovables de cara a un futuro máis sostible. Este é obxectivo de Barbadás Enerxía, que se constituirá a próxima semana e demostra o compromiso do Concello de proporcionar un maior benestar e calidade de vida aos seus cidadáns, ao tempo que fomenta a sostibilidade e a eficiencia enerxética.

A constitución oficial de Barbadás Enerxía terá lugar o 3 de abril ás 18.00 horas na Casa Consistorial e a iniciativa, inspirada no modelo de Comunidade Enerxética presentado anteriormente, representa un avance significativo na procura de solucións enerxéticas sostibles e accesibles para os cidadáns de Barbadás.

A asociación “Barbadás Enerxía” ten como obxectivo principal promover o uso de enerxías renovables e sostibles na comunidade, co fin de reducir os custos de enerxía e contribuír ao coidado do medio ambiente.

Durante a reunión de constitución, presentarase un plan detallado sobre como a asociación “Barbadás Enerxía” levará a cabo as súas actividades, así como as oportunidades de participación para os residentes locais. Invítase a todos os asistentes a compartir ideas e contribuír ao éxito desta iniciativa comunitaria.

Para máis información e confirmación de asistencia, os interesados poden chamar ao teléfono 988 360 000 ou enviar un correo a concello@barbadas.es

 

 

 

Novas

CONTENT.1736844600

SINGLE.1736844600