05/05/2025
Contadas no Parque: “O GRÚFALO”
Xoves, 8 de maio ás 18:30h. no Parque tras a Casa da Cultura

Arrancamos o mes de Maio, o mes das Letras Galegas, e a Biblioteca Municipal realiza unha serie de Contadas os xoves.
Iniciamos este xoves 8 de Maio, ás 18:30h. coa narradora CARMEN DOMECH que vai a narrarnos as historias “O Grúfalo”
Tres historias acontecen na fraga.
“O Grúfalo”: a través da narración oral e os monicreques imos desfrutar desta historia fascinante.
“Shhh! Temos un plan”: Uns personaxes articulados coláronse no kamishibai para contarnos esta historia chea de tenrura e amor á natureza.
“Na fraga”: Imos narrar unhas versións propias que mesturan varios relatos da nosa rica tradición oral.
Evento: Narración oral
Día: Xoves 8 de Maio
Hora: ás 18:30h.
Lugar: Parque traseiro da Casa da Cultura
Idades: De 3 a 7 anos
Prazas Limitadas
Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a:
indicando o nome e apelidos do nen@, idade, e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás