15/05/2022

CONTADAS NO PARQUE

O mércores, 18 de maio: "Contos arredor do lume" por Alba Grande

Biblioteca Municipal / Letras Galegas 2022
Dentro do Programa Letras Galegas 2022, a Concellaría de Cultura organiza CONTADAS NO PARQUE, unha serie de eventos narrativos para conmemorar as Letras Galegas.
  • O mércores 18 de Maio ás 18:30h. estará con nós a Narradora ALBA GRANDE que nos trae unha nova contada:  “Contos arredor do lume”

 

  • Contos Arredor do Lume é unha selección de catro contos de tradicións populares, que nos achegan o lume en distintas formas para falarnos de igualdade, solidariedade, coraxe e da intuición propia, que como unha chama interna, precisamos para andar o noso camiño.

 

  • Acompañan oralidade nestas historias, obxectos, un pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas, e as voces do público.
A  temática trata  de conciencia ambiental e cultural. É de base feminista.
No Parque tras da Casa da Cultura.
Duración: 45 aproximadamente.
Para público infantil a partir de 6 anos.
Inscrición no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
Indicar: nome, idade e un número de teléfono.
Prazas Limitadas.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: Ler Conta Moito – Xunta de Galicia.

Cultura, Eventos

CONTENT.1714064603

SINGLE.1714064603