12/05/2022
“Contadas no parque”: actividade de ocio para o público infantil en Barbadás
Dentro do Programa das Letras Galegas 2022

A CONCELLERÍA DE CULTURA DE BARBADÁS ORGANIZA DENTRO DO PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA AO PÚBLICO INFANTIL TITULADA “CONTADAS NO PARQUE”
O venres 13 de maio ás 18:30 Ana Facchini levará a cabo a narración “Os contos da pota”
Para participar débese reservar praza no seguinte correo electrónico: biblioteca@barbadas.es
- O Programa Letras Galegas 2022 da Concellaría de Cultura de Barbadás inclúe na súa oferta lúdica unha serie de actividades tituladas “Contadas no parque”, unha serie de eventos narrativos para conmemorar o día grande das letras en galego.
- O programa o iníciase o VENRES 13 DE MAIO ás 18:30h., coa narradora ANA FACCHINI que trae a narración “OS CONTOS DA POTA” será no Parque traseiro da Casa da Cultura.
Sinopse: unha extravagante cociñeira elaborará unha receita familiar arredor dunha pota moi especial na que viven marabillosas personaxeses, mentres remexe a lume baixo, os ingredientes irán cobrando vida e transportarannos a un mundo de sabores e emocións, onde as cousas non sempre son o que parecen…
Inscrición: biblioteca@barbadas.es. Prazas limitadas. Duración: 45 minutos. Público: Familiar e nenas e nenos a partir de 3 anos
PROGRAMA
- O venres, 13 de maio ás 18:30h., coa narradora ANA FACCHINI que trae a narración “Os contos da pota“.
- O mércores 18 de maio ás 18:30 Alba Grande coa narración “Contos arredor do lume”.
- O venres 20 de maio ás 11:00 Caxoto coa narración “O Garoto de Ipanema” (Para os colexios, 6º de infantil)
- E por último o día 23 de maio ás 18:30 Moc Moc coa Narración “Peque Disco Moc Moc”.
- O mércores 18 de Maio ás 18:30h. estará con nós a Narradora ALBA GRANDE que nos trae “Contos arredor do lume”.
- “Contos Arredor do Lume” é unha selección de catro contos de tradicións populares, que nos achegan o lume en distintas formas para falarnos de igualdade, solidariedade, coraxe e da intuición propia, que como unha chama interna, precisamos para andar o noso camiño. Acompañan oralidade nestas historias, obxectos, un pandeiro redondo tradicional, coplas populares cantadas, e as voces do público.
A temática está orientada hacia a conciencia ambiental e cultural e ten unha base feminista.
A actividade do mércores 18 de maio terá unha duración: 45 aproximadamente e está dirixida ao público infantil a partir de 6 anos.
- Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás
Patrocina: Ler Conta Moito – Xunta de Galicia.
Estes eventos de Narración Oral para os cativos e cativas encádranse dentro do Programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
- Para participar débese reservar praza no seguinte correo electrónico: biblioteca@barbadas.es, indicando nome, idade e un número de teléfono.
- As actividades serán no Parque que hai detrás da Casa da Cultura e o concello irá informando de cada un dos eventos e as idades recomendables.