17/04/2020

Continúa a cadea solidaria de elaboración de mascariñas no municipio de Barbadás

CONTINÚA A CADEA SOLIDARIA DE ELABORACIÓN DE MASCARIÑAS NO MUNICIPIO DE BARBADÁS

  • En Barbadás continúa a cadea solidaria para confeccionar mascariñas de tela.
  • Varias/os voluntarias/os confeccionan dende hai días estes elementos que, aínda que non son de uso sanitario, poden utilizarse como barreira ante o coronavirus.
  • As artítices e protagonistas desta cadea solidaria son as persoas que confeccionan: Carmen, Toñi, Isabel C, Manuela, Ángeles, Manola, Begoña, Isabel R., Elvira, Eva, Ana, Geni, Tatá, Kiowa e numerosos/as veciños/as de Loiro. As persoas viven en diferentes lugares do municipio e en Ourense.
  • Colabora na doazón de tela: @Telpes.
  • Tamén donou material Aurora Bal e Geni.
  • Tamén colaboran na entrega de tela e sábanas veciños e veciñas do municipio de Barbadás e Ourense.
  • Colaboran tamén na esterilización: clínica dental Parracía, centro médico Semecor e clínica dental A Valenzá e clínica Iglesias e Piñón.
  • Tamén participou na donación de elementos para engadir filtros a mascariñas empresa Bermello.
  • Perto de 1000 mascariñas foron repartidas nas últimas semanas nos 3 centros xeriátricos de Barbadás: Siervas de San José, Nosa Señora dos Milagres e DomusVi.
  • Tamén se distribuiron nos establecementos que permanecen abertos: despachos de pan, panaderías, carnicerías, tendas de comestibles, establecementos de venda de produtos agrícolas, froiteirías, etcétera.
  • Nos vindeiros días seguiranse distribuindo nos establecementos abertos máis mascariñas para que á súa vez as entreguen entre os/as seus/súas clientes.
  • Na entrega das mascariñas solidarias, entregase tamén un documento con unha serie de indicacións.
  • A continuación transcribimos o documento que se entrega coas mascariñas solidarias:

O Concello de BARBADÁS, en colaboración coa cadea solidaria de veciñas/os xurdida con motivo do estado de alarma provocado polo COVID-19, procede á entrega das mascarillas elaboradas, facendo constar :

1- Estas mascarillas non son un material homologado sanitariamente.

2- O seu uso non garante unha protección total contra o contaxio do COVID-19

3- Rógase o mantemento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias, tales como o uso de luvas, gardar unha distancia de seguridade de 2 metros, lavado de mans etc…

4- A entrega é gratuita  e queda prohibida a súa comercialización polos destinatarios das mesmas.

É IMPORTANTE NON TER UNHA FALSA SENSACIÓN DE SEGURIDADE.

POR FAVOR: EXTREME AS PRECAUCIÓNS!

Novas

CONTENT.1685659782

SINGLE.1685659782