12/02/2022
Convenio de colaboración entre os Concellos de San Cibrao, A Merca e Barbadás para sanear o cauce do río Barbañica e o seu entorno
OS CONCELLOS DE SAN CIBRAO, A MERCA E BARBADÁS ASINAN UN CONVENIO PARA ELABORAR UN PROXECTO DE MELLORA MEDIOAMBIENTAL DO RÍO BARBAÑICA
- Ao longo do cauce do denominado rio Barbadás/Barbañica, no transcorrer no termos municipais dos concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao, existe unha rede de saneamento que é preciso adecuar ás novas demandas tanto poboacionais como medioambientais.
- Ademais, no referido cauce é obxectivo dos concellos asinantes a realización de melloras medioambientais, como paseos fluviais, para a posta en valor de dita conca.
- De cara ao estudo do posible cofinanciamento do proxecto de recuperación, a través de futuras axudas a outros organismos, é precisa a redacción dunha memoria técnica das características e orzamento que os referidos concellos pretenden realizar de maneira conxunta.
- Os Concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao das Viñas manifestan a súa vontade de cooperación para levar a cabo a elaboración da memoria de recuperación do cauce do río Barbadás/Barbañica, dentro dos termos municipais dos referidos concellos.
- O alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, explica que esta iniciativa “é fundamental para realizar intervención de mellora medioamental nos territorios dos concellos asinantes. Trataremos de identificar onde é preciso levar a cabo actuacións que redunden na calidade das augas do cauce principal e dos seus ramais, así como na habilitación de itinerarios peonís no entorno natural”.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, indica que este proxecto entronca coa “absoluta prioridade do Concello de Barbadás para arranxar e adecentar todo ese entorno, en colaboración con concellos debido a que é unha zona vital no ámbito medioambiental dentro dos termos municipais dos 3 concellos”.
- José Manuel Garrido, alcalde de A Merca, sinala que “este proxecto será un documento moi útil para definir cales son as debilidades e fortalezas do cauce principal e dos ramais fluviais do entorno sobre o que os 3 concellos teñen previsto intervir nesta actuación conxunta de recuperación medioambiental”.