16/04/2021

Convenio entre a Xunta e o Concello de Barbadás para a concesión de axudas á Hostalaría

Para hostaleiros afectados polos peches a causa da Covid-19

O CONCELLO DE BARBADÁS ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS Á HOSTALERÍA

O apoio ao sector hostaleira pretende incentivar aos negocios afectados polos peches a causa da Covid-19

O Concello efectuará unha achega de 37.000 euros para conceder axudas directas e lineais para os establecementos hostaleiros do municipio por importe de 1000€ cada un deles.

  • O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, fixo fincapé en que “un dos obxectivos fundamentais a nivel económico desde que Marga Pérez é Concelleira de Comercio e eu, Alcalde de Barbadás, é a dinamización e potenciación do Comercio de proximidade e da hostalaría como elementos vertebradores e básicos da nosa economía local”.
  • Esta potenciación ponse de manifesto por medio de diversos eventos ó longo destes anos que foron postos en marcha por este goberno:

– Barbadás Outlet

– Barbadás a Bocados

-Noite Moucha

Portal Inmobiliario

-Portal Formación

-Niñeiros empresariais

-Campañas de bonos ó comercio de proximidade

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez,  fixo un repaso das diferentes campañas e das contías investidas nas mesmas polo Concello de Barbadás:

-Campaña de NADAL con 10.000€

-Campaña de Bonos Desconto 30.000€, en diferentes edicións

-Con reparto de material funxible 2.400€

-Con eliminación do pago das taxas de terrazas tanto do ano 2020 e coma do ano 2021 que suman 44.000€

Publicidade profesional dos establecementos para a súa promoción nas redes sociais

-Tamén se levaron a cabo dende o minuto cero  desinfeccións e reparto de EPIS,

-Creamos plataformas de información e formación para solventar dúbidas e recibir pautas para a reapertura de establecementos.

  • Marga Pérez explicou que coa sinatura deste convenio de colaboración entre o Concello de Barbadas e a Xunta de Galicia e agora, no dia de hoxe e coa sinatura deste convenio de colaboración entre o Concello de Barbadas e a Xunta de Galicia vamos a facer unha achega  de 37.000 euros do noso orzamento,  para a concesión das axudas ao sector da Hostalería cuxos negocios quedaron afectados polos peches por culpa da pandemia .

 

  • Esta cantidade destinarase a conceder axudas directas e lineais para os establecementos hostaleiros do noso Concello de Barbadás por importe de 1000€ cada un deles, indicou a edil de Comercio.

  • Entre todas as accións levadas a cabo ata o momento “estamos a falar de 124.000 € entre campañas, desinfeccións, formacións, axudas directas e indirectas, un esforzo económico que non pode ser doutro xeito neste difícil momento para  conseguir entre todos e todas superalo, e  co obxectivo de que  ninguén se quede atrás, sinalou Marga Pérez.

 

  • Valcárcel fixo fincapé na presentación do convenio hoxe no salón de plenos da casa do Concello de Barbadás en que “un elemento diferenciador que ten Barbadás en relación a outro Concellos é o Centro Empresarial Transfronteirizo(CET).

 

  • No estado de alarma implantouse o portal de formación on line. Desde este Centro Empresarial estase a facer un gran traballo de acompañamento e asesoramento a todas as iniciativas empresariais e formativas.

 

  • Pero hai outro gran elemento diferenciador que é a baixa tributación que ten o noso Concello. Exemplos:

-IBI ten o tipo legal mais baixo permitido.

-Imposto circulación vehículos

-ICIO ( Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras)

  • O rexedor de Barbadás convidou “a todos os novos e novas emprendedores /as a que se instalen en Barbadás, xa que encontrarán un entorno fiscal, formativo e de asesoramento afable e próximo”.

 

  • Incidiu Valcárcel en que “somos unha poboación moi nova e dinámica, e que pola súa proximidade interactúan  entre si. Polo tanto, Barbadás é un lugar cheo de facilidades para o comercio de proximidade”.

 

  • Pérez comentou que “a pandemia global obrigounos a todos e todas a tomar decisións rápidas e totalmente diferentes ata o momento. Foi e é, o momento de facer políticas sociais que teña presente que somos unha comunidade e que en momentos difíciles toca protexer e axudar, tendo como principal obxectivo a protección das persoas e entre elas as máis vulnerables e as que sofren máis dificultades”.

 

  • O presente convenio ten por obxecto instrumentar a colaboración da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e da Consellería de Emprego e Igualdade, e o Concello de Barbadás para a concesión de axudas ao sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da Covid-19.

 

  • O sector hostaleiro de Galicia , cunha función económica e social esencial, está composto, na súa maioría, por microempresas e, principalmente, por persoas traballadoras autónomas, que son as principais protagonistas na creación de emprego.

 

  • Por este motivo, as distintas administracións públicas están  a adoptar medidas de apoio ao sector da hostalaría, cuxos negocios quedaron afectados polas limitacións ao desenvolvemento da actividade así como polos peches temporais destes establecementos regulados na normativa sanitaria sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

  • O convenio estenderá a súa vixencia desde a data da súa sinatura (coa obriga da publicación do mesmo nun boletín oficial -artigo 11.3.b) da lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público-) ata o 31 de decembro de 2021.

 

  • O Concello comprométese a achegar a contía de 37.000 euros para complementar, mediante xeración, as axudas da Orde do 22 de febreiro para o Programa I (Hostalaría), co fin de que se destine ás solicitudes que foran presentadas por persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica, que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias e que teñan o seu domicilio no ámbito territorial do concello.

 

  • Desta cantidade destinarase a conceder axudas complementarias, por importe de 1.000 € para cada un dos establecementos:

– as solicitudes presentadas polas persoas ou entidades a que se refire o apartado anterior e que teñan o seu domicilio no ámbito territorial do seu concello.

– ás solicitudes presentadas polas persoas ou entidades a que se refire o apartado anterior e que teñan o seu domicilio no ámbito territorial do seu concello e que quedasen sen atender por parte da Consellería de Emprego e Igualdade por terse esgotado o crédito asignado ao efecto.

 

 

 

 

 

Comercio, Novas

CONTENT.1711727120

SINGLE.1711727120