06/04/2021

Convocadas as axudas do “Bono de Alugueiro Social”

CONVOCADAS AS AXUDAS DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DIRIXIDA A COLECTIVOS CON MAIORES DIFICULTADES ECONÓMICAS

A concesión inicial da axuda será por un período de 12 meses, prorrogables por 2 anos máis previa petición do interesado, aínda que poderá ampliarse de forma extraordinaria por outros 3 exercicios

A maiores, o Bono do Alugueiro Social tamén prevé a concesión dunha axuda adicional de 600€ para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de que o beneficiario/a,  permaneza na mesma vivenda, para atender débedas subsistentes.

  • O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 10 de decembro manterase aberto o prazo para que persoas e unidades de convivencia con dificultades económicas poidan solicitar esta subvención para o alugueiro.

 

  • Durante todo o 2021 e no marco das medidas sociais adptadas fronte á Covid-19, o Goberno galego complementará o bono alugueiro cunha axuda extraordinaria para achegar o 100% do custo do arrendamento das familias perceptoras.

 

  • Este programa autonómico xestiónase e concede desde o ano 2015 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo co fin de facilitar o acceso e o mantemento dunha vivenda en réxime de alugueiro naqueles colectivos con maiores dificultades económicas.

 

  • Esta convocatoria está dotada con 1,5 millóns de euros para o período 2021-2025, a razón de 300.000€ por ano.

 

  • A concesión inicial da axuda será por un período de 12 meses, prorrogables por 2 anos máis previa petición do interesado, aínda que poderá ampliarse de forma extraordinaria por outros 3 exercicios, polo que a duración máxima sería ata os 6 anos.

 

  • Os bonos terán unha contía de 225 , 200 ou 175 euros ao mes, equivalentes ao 50% da renda mensual máxima da vivenda alugada segundo a localidade na que estea. Así, nas sete cidades o alugueiro non poderá superar os 450€ mensuais, en concellos de tamaño medio o límite será de 400€, e no resto 350€.

 

  • A maiores, o Bono do Alugueiro Social tamén se prevé a concesión dunha axuda adicional de 600€ para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de que o beneficiario/a, permaneza na mesma vivenda, para atender débedas subsistentes.

 

  • O total mobilizado no últimos seis anos a través do Bono de Alugueiro Social, por tanto, ascende a 5.941.080€.

 

  • BENEFICIARIOS:
  1. Unidades familiares que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por falta de pagamento.
  2. Vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude atópense residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración Pública.
  3. Persoas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta.
  4. Aquelas que, sendo beneficiarias do Programa Aluga, gozasen na súa totalidade da subvención do devandito programa e finalizáselles o período máximo de goce desta axuda dentro dos 9 meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.
  5. Ás que, sendo arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizáselles a vixencia do seu contrato a partir da entrada en vigor desta orde.
  6. As persoas que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non conseguir o límite mínimo de ingresos de Programa de Vivendas Baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do programa propóñalles a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
  7. Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sareb, en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as mesmas, finalizaran a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos 6 meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención.
  8. As/os mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta, unha vez que onsigan a maioría de idade e saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en alugueiro.
  9. Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pago a entidades financeiras.

Novas

CONTENT.1713504318

SINGLE.1713504318