07/09/2023
Convocatoria axudas Educación Infantil curso 2023/2024
Prazo aberto dende o día 8 de setembro ao 8 de outubro de 2023.

A Concellería de Educación do Concello de Barbadás, abre o prazo para que as familias soliciten as axudas para a adquisición de libros e material escolar, destinadas ao alumnado matriculado na etapa de EDUCACIÓN INFANTIL, para o vindeiro curso 2023/2024.
- O prazo de presentación de solicitudes, estará aberto dende o día 8 de setembro ao 8 de outubro de 2023, tal e como se establece nas bases, publicadas no BOP, que se poden consultar no documento adxunto.
- Nos últimos anos e coa vontade de colaborar coas familias nos numerosos gastos que ocasiona un novo curso, o Concello de Barbadás aumentou a contía destas axudas, sendo neste momento de ata 100 € por neno ou nena.
Por outra banda, tamén se incrementou o límite de renda, chegando ata os 5.700 € anuais por membro de unidade familiar, para acoller deste xeito, a un maior número de posibles beneficiarios.
- O número de axudas concedidas no anterior curso escolar, foi de 50, quedando suficiente partida orzamentaria destinada para esta finalidade.
- As solicitudes poderán presentarse
- de xeito presencial no Rexistro das Oficinas Municipais ,
- a través da sede electrónica do Concello de Barbadás
- ou por calquera medio dos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Para calquera cuestión ou dúbida ao respecto, contactar cos servizos administrativos da Concellería de Educación, sitos na Casa de Cultura Manuel María (Rúa San Bernabé, 37 -A Valenzá. Tfno. 988 24 68 85) .
Data | Adxuntos |
---|---|
07/09/2023 | Bases Axuda Ed. Infantil curso 2023-2024 PDF [215 KB] |
07/09/2023 | Solicitude axudas Ed.Infantil 2023-2024 PDF [59 KB] |