14/01/2026

Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego de convocatoria das probas de avaliación en competencias clave.

Estas probas están dirixidas ás persoas que desexen acceder a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 sen contar coa titulación académica requirida.

Estas avaliacións permitirán acreditar as competencias en comunicación en lingua galega e castelá, competencia matemática e comunicación en lingua estranxeira, segundo o nivel correspondente.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado desde o xoves 15 de xaneiro.

Data Adxuntos
14/01/2026 Probas de avaliación en competencias clave PDF [562 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1770877442

SINGLE.1770877442