11/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Veciñais do Concello de Barbadás

Presentación de solicitudes: 20 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

2024-Convocatoria de Subvención asociacións veciñais - 2024 - concello de Barbadás

O Concello de Barbadás habilita a convocatoria,  en réxime de concorrencia competitiva, das axudas económicas ás asociacións veciñais, constituídas como tales, e co ámbito de actuación no Concello de Barbadás, para o desenrolo de actividades e programas de interese xeral durante o exercicio 2024.

 

  • A finalidade das presentes subvencións é o fomento do movemento asociativo do Concello.

 

  • Para os efectos desta convocatoria, considéranse subvencionables os gastos necesarios para o desenrolo de actividades de interese xeral para os cidadáns que se sinalan no epígrafe 5 das bases.

 

SOLICITUDES

  • A solicitude da subvención, xunto con toda a documentación necesaria, presentarase, obrigatoriamente, na sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal , no prazo de 20 días naturais contado a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

 

PRAZO

  • O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será de 20 días naturais, a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

 

Bases e anexos na documentación que se achega.

Data Adxuntos
11/10/2024 20240924_Bases subvencións asociacións veciñais PDF [450 KB]
11/10/2024 20240926_Anexos Subvencións Asociacións Veciñais PDF [368 KB]

Novas, Participación cidadá

CONTENT.1745373402

SINGLE.1745373402