24/01/2024

Convocatoria de subvencións Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica a  Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igulada de data 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341R).

Persoas e entidades beneficiarias

Estas bases establecen os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten a unha persoa traballadora, ben sexa para apoio no negocio durante o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento ou a transformen en indefinida posteriormente, ben sexa para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, segundo o disposto nesta orde. Asemade, subvencionarase unha parte do custo dos centros e/ou servizos para o coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.

As axudas irán dirixidas á contratación dunha persoa traballadora para a substitución da persoa autónoma no seu negocio nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento; tamén se apoia a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactación.

Igualmente, incentívanse os contratos indefinidos realizados cunha persoa traballadora para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) ao seu cargo, independentemente de que existisen ou non situacións de maternidade ou paternidade ou asimiladas (Bono autónomo Concilia II)

Tamén se apoiarán os gastos dos servizos de coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) a cargo da persoa autónoma (Bono autónomo Concilia III).

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. (Código de procedemento TR341R).

Mediante as axudas reguladas nesta orde permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables presentaranse desde o día 25 de xaneiro e ata o 29 de setembro de 2024.

Data Adxuntos
24/01/2024 Axudas conciliación persoas traballadoras autónomas PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1726706970

SINGLE.1726706970