20/09/2019
CONVOCATORIA MOSTRA FOTOGRÁFICA “ MULLERES ”

CONVOCATORIA MOSTRA FOTOGRÁFICA “ MULLERES ”
O Concello de Barbadás celebra a Mostra Fotográfica “Mulleres” dentro do ámbito da II Romaría Feminista.
Abrese o prazo para presentar as fotografías que se desexen exhibir na mostra.
As fotografías serán enviadas ó correo electrónico: igualdade@barbadas.gal, indicando en tódolos casos o nome da obra e o nome da autora ou do autor da mesma.
O prazo para enviar as fotografías ampliase ata o día 2 de outubro.
Data | Adxuntos |
---|---|
20/09/2019 | Bases mostra fotográfica Mulleres PDF [147 KB] |