12/10/2024

Convocatoria de subvencións 2024 para as Asociacións Culturais do Concello de Barbadás

Prazo de presentación, 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

2024-Banner-Subvención asociacións culturais - concello de Barbadás

O Concello de Barbadás habilita a convocatoria 2024, de subvencións municipais dirixidas ao apoio e promoción da Cultura en todas as súas facetas, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade, para a realización de actividades que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas do Concello, a realización de actividades culturais que complementen as atribuídas á competencia municipal e, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses culturais peculiares do municipio.

PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo improrrogable de presentación será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes segundo o modelo de instancia normalizado aprobado, subscritas polo representante legal da entidade interesada, irán dirixidas á Concello de Barbadás, segundo establece o artigo 14 da lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e mediante a súa presentación no rexistro xeral do Concello ou través de calquera outro medio dos previstos no artigo 16 da mesma lei.

Bases e anexos na documentación que se achega.

Data Adxuntos
12/10/2024 2024-Bases convocatoria subvencións Asociaciones Culturais PDF [332 KB]
12/10/2024 2024_Anexos convocatoria subvención - Asociacións culturais PDF [161 KB]

Cultura, Novas, Participación cidadá

CONTENT.1745323368

SINGLE.1745323368