30/09/2022

Convocatoria subvencións Xempre Emprendemento

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Xempre Emprendemento para apoiar iniciativas de emprendemento, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2022 (código de procedemento TR880A).

Persoas, entidades beneficiarias e requisitos

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas,  e as sociedades cooperativas e laborais  que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020

As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.

b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ter presentadas, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.

d) Ter iniciada a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de presentación da solicitude.

e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.

g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións

 Obxecto

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, e a súa competitividade e, en definitiva, manter empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude (código do procedemento TR880A).

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 13.00 horas do 4 de outubro de 2022 e será dun mes (tendo en conta o disposto na disposición derradeira segunda), agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Data Adxuntos
30/09/2022 Subvencións Xempre Emprendemento PDF [989 KB]

Novas, Promoción económica

02/12/2022

A “fábrica de santos” de Barbadás deu traballo a ducias de familias durante 30 anos para facer cerámica e porcelana

Sinda Benavies Cacheiro e María Eugenia Forneiro Cruz diante da casa que nos anos 70, tiña no baixo o forno da empresa de cerámica "Ceramicart", antecedente de "Galos" . -Concello de Barbadás

Emprendemento en Barbadás

02/12/2022

Mesa interinsitucional contra a violencia de xénero

O encontro mantívose no salón de plenos do Concello de Barbadás

02/12/2022

Programación de Nadal 2022-23 en Barbadás

TEATRO, DEPORTE, MÚSICA, OCIO E VISITAS DE PAPÁ NOEL, APALPADOR E REIS MAGOS ...

CONTENT.1670143992

SINGLE.1670143992