01/02/2021
Corte do tráfico nun ramal da glorieta de Ourense, no acceso á Valenzá

CORTE DE TRÁFICO DA RÚA MARCELO MACÍAS E QUE AFECTA TAMÉN Á GLORIETA DE ACCESO DA VALENZÁ
As obras son executadas pola Xunta e a empresa adxudicataria xa habilitou un desvío alternativo
– Segundo informa a empresa adxudicataria de reforma da rúa Marcelo Macías que se están executando no territorio do Concello de Ourense, para levar a cabo estas obras é preciso realizar o corte ao tráfico de 1 ramal que afecta ao tráfico en dirección Ourense na glorieta da Valenzá.
– O próximo martes 2 de febreiro está previsto iniciar os traballos de reposición de beirarrúas no ramal de acceso dende a glorieta de “A Valenzá” a Marcelo Macías, unhas obras que se executan no territorio de Ourense pola Xunta.
– O Concello de Barbadás informa de este corte porque afecta á veciñanza que circula dirección a Ourense pola glorieta, pero a execución dos traballos depende da Xunta.
– Durante o período de tempo que se realicen as obras, a alternativa é ir hacia a glorieta do centro comercial de Carrefour e incorporarse hacia os túneles dirección Ourense.
– A duración prevista dos traballos é de aproximadamente 3 semanas.
– Para a execución dos traballos é necesario proceder ó corte do tráfico en dito ramal e para eso a empresa adxudicataria Petrolan habilitará un desvío.
– Este corte aféctalle a todos os vehículos que pretenden acceder á Rúa Marcelo Macías ou incorporarse á N-525 (dirección Santiago) dende A Valenzá ou dende a N-525 (sentido Madrid).