26/03/2019
Cronoloxía do proxecto de substitución do céspede do campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá, Barbadás
CRONOLOXÍA DA REFORMA E MELLORA DO CAMPO DE FÚTBOL DE OS CARRÍS (A VALENZÁ, BARBADÁS
O obxectivo principal desta actuación é a renovación do céspede do “campo de fútbol 11” e a implantación de céspede de herba artificial no campo de terra
- O 27 de xaneiro de 2018 a Deputación de Ourense comprometeuse á cofinanciación co Concello de Barbadás dos custos do campo de fútbol
- O 28 de febreiro de 2018 o presidente da Deputación e o Alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron o convenio de colaboración que cofinancia as actuacións no campo de fútbol, que ascenden a 300.000€, dos cales 200.000€ serán aportados pola Deputación, e os 100.000€ restantes polo Concello de Barbadás
- O 20 de abril de 2018 as instalacións do campo de fútbol Os Carrís son visitadas por parte de varios diputados provinciais
- O 28 de xuño de 2018 o Presidente da Deputación Provincial asinou con 7 Alcaldes, diferentes convenios de colaboración, entre os cales atopábase o Alcalde de Barbadás, quedando constancia da colaboración entre a Deputación e o Concello na obra do campo de fútbol
- A 22 febreiro de 2019 e, cando o prazo de presentación de ofertas remataba o 9 de xaneiro deste ano, o estado de licitación, no expediente, sigue en “Evaluación”. Dende a Deputación, a última información aportada é que a apertura das ofertas realizouse o 14 de xaneiro de 2019.
- Finalmente, a adxudicación publicouse formalmente o 11 de marzo de 2019 na páxina web da Deputación á empresa Galitec Desarrollos Tecnolóxicos.
- A lentitude dos trámites por parte da Deputación ralentizou o inicio das obras, situación que está afectando ao desenrolo das actividades das escolas deportivas.
- O Concello de Barbadás xa tiña no orzamento de 2018, aprobado en 2017, unha partida de 100.000 euros para financiar unha parte da execución do proxecto de substitución do céspede artificial.
- A Deputación aprobou en abril de 2018 unha modificación orzamentaria para sufragar o que restaba ata os 300.000 euros nos que estaban orzamentadas as obras.
- Foi tamén a Deputación Provincial a que se encargou da tramitación administrativa: licitación, adxudicación, etc.