19/08/2019
CURSO DE CARRETILLEIRO/A
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación pon en marcha o “Plan formativo para o 4º trimestre de 2019”.
A primeira das accións formativas que se desenvolverán será un “Curso de Manipulador/a de medios mecánicos: Carretilleiro/a”, que terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo do luns 7 de outubro ata o venres 11 de outubro, en horario de 9:00h a 14:00 h, con unha duración total de 25 horas.
Este curso é gratuito e terán preferencia para a realización do mesmo os/as desempregados/as do Concello de Barbadás.
Xunto coa ficha de inscrición hai que aportar fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e fotocopia do carnet de conducir.
Data | Adxuntos |
---|---|
19/08/2019 | Ficha inscrición Curso Carretilleiro PDF [474 KB] |