05/10/2021
Curso de fruticultura: manexo, poda e enxerta de froiteiras- Oficina agraria comarcal de Ourense
A Oficina agraria comarcal de Ourense organiza un Curso de fruticultura: manexo, poda e enxerta de froiteiras.
O curso terá lugar nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, dende o 22 de novembro ata o 26 de novembro, en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Está destinado ás persoas vinculadas profesionalmente cós sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria, e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
Prazas limitadas, as inscricións faranse cubrindo a solicitude e achegando unha fotocopia do DNI por correo electrónico ao cet@barbadas.es
Para máis información 988 360 413
Data | Adxuntos |
---|---|
05/10/2021 | solicitude curso enxerta de froiteiras PDF [544 KB] |