02/02/2024

ADMITIDOS/AS ESCOLA DE CICLISMO

Inicio da actividade o 5 de febreiro. Inscricións ata o 1 de febreiro

Barbadás Escola de ciclismo

A Concellería de Educación do Concello de Barbadás, organiza a actividade ESCOLA DE CICLISMO.

Obxectivos:
Dirixido a nenos e nenas  nados/as  entre o ano 2020 e o 2012, a Escola de Ciclismo é unha actividade lúdica cuxos obxectivos son:

  • Aprender a andar en bicicleta dunha maneira segura.
  •  Favorecer o desenvolvemento psicomotor, a coordinación e o equilibrio.
  •  Coñecemento de nocións básicas de mecánica e uso da bicicleta.
  •  Fomentar medios de mobilidade sostible.

Prazas ofertadas
Para que se leve a cabo a actividade de Escola de Ciclismio,  será preciso un número
mínimo de 10 nenos/as. O número máximo de nenos/as será de 25.

 

Horario e calendario
A actividade comenzará o día 5 de febreiro e rematará o 21 de xuño.

 As clases impartiranse os luns en horario de 16:30 a 17:30 horas.

 

Lugar de desenvolvemento
A actividade desenvolverase no patio do CEIP Filomena Dato, colexio adscrito ao concello
de Barbadás, sito na Rua do Ensino nº 4 – A Valenzá.

 

Custo do servizo
O custo do servizo ten carácter de precio público, o seu importe é de 15€/mes.

 

Inscrición

Inscricións ata o  1 de febreiro de 2024:

  • De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás
    https://barbadas.sedelectronica.gal
  • De forma presencial no rexistro ( Casa do Concello, Oficinas A Valenzá ).
  • En calquera dos rexistros establecidos na páxina web do Concello (www.barbadas.es).

Bases e formulacio de inscrición nos documentos que se achegan.

Data Adxuntos
02/02/2024 Bases reguladoras da actividade Escola de Ciclismo PDF [177 KB]
02/02/2024 Solicitude inscrición curso ciclismo MSWORD [203 KB]
02/02/2024 Resolución de admitidos no curso de iniciación ao ciclismo (1) PDF [543 KB]

Cursos, Deportes, Educación/Formación

CONTENT.1717005709

SINGLE.1717005709