06/04/2026
Curso de Visual Merchandising

A Concellería de Comercio organiza un curso de Visual Merchandising dirixido ao comercio local.
Con esta formación as persoas participantes aprenderán a:
- Organizar o seu espazo de maneira estratéxica
- Crear escaparates atractivos que capten a atención dende o primeiro momento
- Utilizar a iluminación, a cor e o produto para vender máis
- Adaptarte ás tempadas e tendencias sen perder a identidade
Se queres que a túa tenda destaque e atraia máis clientela sen necesidade de grandes investimentos, anótate a este curso deseñado especialmente para pequenos negocios que queren potenciar a súa imaxe, aumentar as vendas e crear novas experiencias.
Un curso práctico pensado para a realidade do comercio local.
Datas: Do 4 de maio ata o 15 de xuño.
Os luns serán as sesións presencias en horario de 20:15 a 21:45h na Aula da Solaina e os xoves sesións en liña.
Inscricións: cet@barbadas.es / 988 360 413