07/02/2023
Curso Iniciación á apicultura, unha gandaría con futuro
Dentro das actividades formativas que se organizan pola Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Formación, durante o mes de marzo vai ter lugar un curso teórico- práctico de “Iniciación á apicultura, unha gandaría con futuro”
Neste curso explicaranse as nocións básicas para aquelas persoas que queiran achegarse a apicultura; para poder adicarse a ela de xeito profesional, semiprofesional ou para ter colmeas na casa, para autoconsumo e beneficiarse da polinización nas froiteiras.
Datas: 1, 8, 15, 22 e 29 de marzo
Horario: De 17:00 a 19:00h
Lugar: CET Barbadás
Inscricións:
Por e-mail: cet@barbadas.es
Por teléfono: 988 360 413