08/08/2020

Curso intensivo de salvamento acuático e primeiros auxilios na piscina municipal de Barbadás

A CONCELLERÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE BARBADÁS OERGANIZA UN CURSO INTENSIVO DE SALVAMENTO ACUÁTICO E PRIMEIROS AUXILIOS

A duración do curso será de 1 semana (luns a sábado)

  • A participación no curso intensivo de salvamento acuático e primeiros auxilios requerirá que os/as participantes teñan a capacidade de flotar sen material auxiliar e idade mínima de 6 anos.
  • O número máximo de usuarios por quenda será de 20 participantes.
  • Quendas: 10-15 de agosto; 17-22 de agosto; 24-29 de agosto; 31 de agosto a 55 de setembro; 7-12 de setembro.
  • O número de información en relación con esta actividade é o teléfono 696 93 28 95.
  • A formación impartirase de luns a sábado entre as 10,00 e as 12,00 horas.
  • A actividade constará de sesión con un total de 12 horas por semana e desenrolarase na piscina municipal dos Carrís (A Valenzá, Barbadás).
  • Todas as persoas inscritas no curso poderán quedarse de xeito gratuito na sesión de 12,00 a 14,30 horas.
  • O curso de natación constará de 6 horas e impartiranse nocións para traallar por equipos en medio acuático, abordaranse diferentes estilos de natación, coordinación de respiración e movemento e aprenderán a flotar e desprazarse en medios acuáticos.
  • No curso de natación utilizarase gancho de monitor, churros e conectores, táboas, cinturóns de flotación e aros e discos sumerxibles.
  • O curso de salvamento durará 3 horas. Os/as participantes aprenderán pautas ante situación de perigo, a entrar correctamente na auga, a achegarnos á vítima con seguridade ou a técnica do remolque.
  • Entre os materiais e equipos que se usarán no curso de salvamento figuran corcheras e corda, monecos de arrastre, “floppys” de salvamento e aros de salvamento.
  • O curso inclúe tamén formación en primeiros auxilios, con unha duración de 3 horas. Abordarase a posición lateral de seguridade e actuar ante diferentes feridas. Tamén se impartirán nocións de cómo realizar comprensións torácicas e a movilizar correctamente á vítima.
  • No curso de primeiros auxilios utilizarán monecos de RCP, lona de evacuación, material funxible de curas e camillas e cinchas de suxeición.

Deportes, Novas

CONTENT.1714023248

SINGLE.1714023248