03/11/2026
DAVID AMOR EN “LOVE ESTÁ NO AIRE ”
Love está no aire

O Venres 6 de Novembro, ás 20:30h. teremos na Casa da Cultura ao cómico e actor David Amor.
O pontevedrés coas mans máis grandes, fala das súas novas inquietudes sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns: os aeroportos.
David pensaba que non podería escribir un novo show se estaba todo o día vendo a tele… Ou si? E deuse conta de que hai programas de televisión que necesitan ser contados.
Pero o show tamén nace da necesidade. Tras gañar o premio do público de Festival Internacional de Teatro de Villanueva de la Serena, o galardón consistía en volver actuar á seguinte edición cun espectáculo novo.
E para iso nace Love está no aire. 80 minutos onde percorrerás toda a grella televisiva sen tocar o mando, pero tamén descubrirás porque a xente pasa sede nun aeroporto ou porque David nunca poderá ser Rafa Nadal.
Día: Venres 6 de Novembro
Hora: Ás 20:30h.
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás
Título: Love está no aire
Intérprete: David Amor
Género: Monólogo, comedia ou teatro.
Duración: 80 minutos
Idade: Maiores de 14 anos.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura) a partir do luns 2 de Novembro.
Só se poderán retirar 4 invitacións por persoa.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás