12/06/2021

David González Couso crea un roteiro polos lugares e obras de Carmen Martín Gaite en Piñor, e a leva de novo ás aulas

Barbadás quéreo víveo

Couso-libro Martín Gaite
  • O profesor de “Lengua y Literatura Castellana” David González Couso, descubriu á escritora Carmen Martín Gaite ca lectura recomendada na súa etapa escolar da novela Caperucita en Manhatan. Hoxe, despois de adicarlle moitas horas de investigación e lectura, e varios libros, aborda un roteiro literario por San Lourenzo de Piñor arredor da vida e obras da autora, filla, neta e sobriña de ourensáns, co pulo do Concello de Barbadás.

 

  • David adica gran parte do seu  blogue “Alas de libélula” a autora salmantina que pasou os veráns da infancia e xuventude en Barbadás e agora traballa co concello para dar pulo ao roteiro literario que propón no libro publicado en 2020 El rastro del verano: itinerario para ler a Carmen Martín Gaite, ca colaboración da mesma institución local.
David González Couso. San Lourenzo de Piñor, Barbadás.
foto Rosa Veiga

 

  • No seu blogue recolle todas as súas investigacións en forma de artigos, colaboracións  en publicacións colectivas, nun documental en unha longametraxe ca mesma temática, pero tamén os traballos adicados a outros autores, como os da revista Inviable , ou a bibliografía de mulleres escritoras, un dos seus temas favoritos…

 

  • Carmen Martín Gaite faleceu no 2000 e ese mesmo ano, David reactivou seu interese pola autora tras ler o artigo de María José Miragaya, en La Región “Piñor, el pueblo donde jugaba Martín Gaite”, arredor do libro Las ataduras da escritora salmantina. E tras retomar a lectura dos primeiros libros da autora e das súas conferencias, atopou a importancia de Piñor nos seus escritos.

 

De tese doutoral a… sete libros

  • “Xa fixera un traballo sobre ela na universidade pero retomei a lectura, afondei nesa relación da súa vida con Piñor e acabei por adicarlle varios libros, porque é un tema que o resto da súa familia e investigadores deixaron de lado, a pesares de que varias das obras só se explican como recreacións do que viviu nesta aldea de Barbadás”, asegura.

 

  • Das lecturas, indagacións ca familia e achegados (a irmá Ana María Martín Gaite, a amiga Martinell, Amado Perille …), cos veciños de Piñor, coa propietaria do pazo de Lemos (Eulogia Pulido Vázquez, falecida este mesmo ano 2021 e amiga da familia Martín Gaite), David descubriu que os nomes e lugares de Piñor, reais e inventados, mestúranse nas súas principais obras: Retahílas, El pastel del diablo, Las ataduras, as auténticas “novelas de Piñor” da autora.

 

  • E nese contexto, nenos e nenas protagonistas teñen arredor de 10 anos, e a escritora envorca neles as súas propias vivencias da liberdade, busca da independencia con amigos e amigas da aldea, enriquecemento persoal coas conversas coas persoas maiores…

 

  • David descubriu, entrelazou e desenvolveu os seus escritos arredor desa vida con 7 libros ata o momento  dende Una propuesta de lectura para Caperucita en Manhatan, de 2008 con Publicaciones Procompal  ata El rastro del verano: itinerarios para ler a Carmen Martín Gaite), prologado por Emma Martinell Gifre (secretaria e amiga íntima que acompañou a Carmen M.G. na ambulancia cara o hospital no que faleceu), e ilustrado con debuxos de Andrea Reyes (e mapas de Xosé Poldras  .

 

Proxecto de roteiro

  • O libro segue “o rastro de verdade que habita na literatura” de Carmen, tal como indica o autor, en el detalla varios xeitos de xunguir os lugares nos que se desenvolveu a vida da escritora que recibiu en vida premios como o Nacional de Literatura.
Casa que foi propiedade e vivenda da familia de Carmen Martín Gaite, até o ano 1965. Foto Rosa Veiga
  • Así, González Couso propón:
    • ruta polos lugares nos que viviu (Salamanca, Barbadás, Madrid, Portugal, Nova Iorque…).
    • ruta por Piñor: polos lugares que foron o seu “refuxio de infancia” e onde transcorren as “novelas de Piñor”, cheas de referencias a lugares comprendidos no “triángulo máxico” entre Ousande, o monte Ervedelo e o monte  de Santa Ladaíña. Cada un dos percorridos podería facerse en 2 horas.
    • ruta Madrid anos 50: polos cafés literarios.
    • ruta por Ourense: cidade na que varios familiares foron intelectuais e inventores, “precursores da Xeración Nós sen o compoñente galeguista daquela” . Entre eles, o fundador do primeiro Ateneo e das tertulias no número 6 da praza do Ferro,(“a tertulia do Gaite”), o pioneiro no combate contra a pandemia de cólera de 1854 ca elaboración dun tratado, ou o inventor dun sistema de alumeado público da cidade que finalmente fracaso unas probas.

 

  • Ademáis dos roteiros literarios que poden percorrerse en Piñor e nos outros lugares estudados polo autor, o libro adica senllos capítulos as “novelas de Piñor” facendo de guía para a súa lectura e comprensión.

 

  • Pode ser o mellor xeito de comezar a coñecer a esta escritora recoñecida internacionalmente, e que foi veciña de Piñor nos seus anos máis felices.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1726069210

SINGLE.1726069210