04/04/2022
David González Couso presenta “O rastro do verán”, obra que aborda a vinculación de Carmen Martín Gaite con Piñor, Barbadás

DAVID GONZÁLEZ COUSO PRESENTA O LIBRO “O RASTRO DO VERÁN” VINCULADO Á PRESENZA NA OBRA LITERARIA DE CARMEN MARTÍN GAITE DO POBO DE SAN LOURENZO DE PIÑOR
O autor prestará especial atención a Piñor como peza esencial da súa poética literaria e como lugar onde transcorreron os veráns da súa infancia
- ‘Coser e contar. Miradas sobre Carmen Martín Gaite’ é o título baixo o que David González Couso presenta no Ateneo de Ourense o seu libro “O rastro do verán”.
- David González Couso estará acompañado por Carlos Fernández, profesor de Historia da arte, e Emma Martinell, profesora honorífica da Universidade de Barcelona.
- O escritor explicará os distintos roteiros literarios propostas a partir da xeografía narrativa da escritora salmantina, con especial atención a San Lorenzo de Piñor como peza esencial da súa poética literaria e como lugar onde transcorreron os veráns da súa infancia.
- Ademais abordará a importancia da familia Gaite Lloves na cidade de Ourense e da conformación dunha xeración literaria no Madrid dos anos 50 como itinerarios fundamentais.
- O autor de “O rastro do verán” analizará tamén o sentido didáctico que propón o libro nun achegamento á lectura das denominadas ‘novelas de Piñor’.
- Tamén se destacará a implicación do Concello de Barbadás no proxecto turístico-cultural emprendido por mor da publicación do libro, que materializará os itinerarios destas novelas e incentivará a súa divulgación en centros educativos.
- A cita será o venres 8 de abril de 2022 ás 19,30 h na sede do Ateneo de Ourense (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Rúa do Progreso, 30).