08/03/2020

Declaración institucional do Concello de Barbadás para o 8M: Día Internacional da Muller

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE BARBADÁS CON MOTIVO DO 8M – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Concello de Barbadás, únese ao movemento feminista para reivindicar neste 8 de marzo, unha vez máis, os dereitos das mulleres. Neste 2020, o recoñecemento e posta en valor do traballo invisibilizado que seguen a facer de forma prioritaria as mulleres na nosa sociedade, coma os coidados, son un dos eixos centrais para este 8 de marzo.

Os coidados son imprescindibles para o mantemento da estrutura social, traballos asignados historicamente ás mulleres e non recoñecidos nin valorados socialmente. Isto impide o avance das mulleres, en condicións de igualdade, con respecto os homes, vivindo estas unha maior segregación horizontal, maiores dificultades para acceder o mercado laboral e continuar coa súa formación, e polo tanto impedindo o avance do conxunto da sociedade. É preciso mudar o sistema e que exista unha corresponsabilidade real e efectiva, incluíndo aos homes no eido dos coidados.

A conciliación é unha ferramenta fundamental para unha sociedade máis sostible tanto
económica coma socialmente, polo que é imprescindible que tanto a xestión dos coidados
como a do tempo se faga en base a criterios de igualdade entre mulleres e homes. Dende o
Concello de Barbadás seguiremos deseñando políticas públicas que melloren a calidade de vida das mulleres a través dunha maior e mellor conciliación, xerando outros modelos de sociedade máis xustos, equitativos e inclusivos.

Neste eido xoga un papel importante o consumo responsable e sostible . Temos que destacar e valorar a forma de vida e produción no rural e a da figura non recoñecida da muller no mantemento do mesmo.

Non podemos finalizar esta Declaración Institucional sen o rexeitamento de forma táxante e enérxica, unha vez máis, dende o Pleno da Corporación do Concello de Barbadás de calquera tipo de violencia contra as mulleres como máximo expoñente da desigualdade social, coa finalidade de que non se volvan a producir asasinatos como os últimos acontecidos en Aznalcóllar y Fuenlabrada. É preciso que se produza non so un rexeitamento unánime da nosa sociedade, senón que hoxe en día sexamos capaces de poñer a disposición das mulleres, políticas públicas integrais e eficientes para a erradicación de calquera tipo de violencia contra as mulleres, pero tamén de promoción da igualdade poñendo en valor o papel produtivo e reprodutivo das mulleres na nosa sociede.

Esta declaración insititucional foi aprobada polo pleno da Corporación de Barbadás o 2 de marzo de 2020

Igualdade, Novas

CONTENT.1714079097

SINGLE.1714079097