10/03/2021

Desenredando contos

Desenredando Contos na Biblioteca Municipal

Biblioteca Municipal de Barbadás

O Concello de Barbadás adica todo o mes de Marzo á Muller, e así unha das actividades organizadas, está a da Biblioteca Municipal que vai desarrollar o programa “DESENREDANDO CONTOS”.

O xoves 18 de Marzo contaremos con PEDRO BRANDARIZ con “HEROES e HEROAS”

Sesión de contos para cativas e cativos na que se narran dous pequenos contos que teñen como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e divertida. Brandariz comeza presentándose como un heroe, pero pronto xurde a palabra “heroa”. A partir de aí o narrador fai unha reflexión sobre os roles de xénero, falando de “profas”, “pilotas” e “heroas”, centrándose nos pequenos e grandes actos heroicos que moitas nenas e mulleres deben acometer para desempeñar a súa carreira profesional.

Unha vez plantexada esta reflexión faise unha versión do conto de “Daniela Pirata” na que unha nena quere ser unha gran pirata e supera todas as probas que os piratas homes lle poñen, pero finalmente non a deixan ser pirata porque é unha nena… e ata aquí podemos ler.

A continuación nárrase a historia dun pequeno heroe, Juan un neno ó que lle gustaba pintar as unllas de cores e como consigue convencer a todas as súas amigas e amigos do divertido que é pintar as unllas. Desta maneira as nenas e nenos comprendan que elas e eles poden ser pequenas “heroas e heroes” a prol da igualdade de xénero.

Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID

PRAZAS LIMITADAS

Inscricións no correo electrónico: “biblioteca@barbadas.es”

Cultura, Eventos

CONTENT.1713491556

SINGLE.1713491556