19/04/2018
DÍA DA BICI EN BARBADÁS COA PARTICIPACIÓN DE ESCOLARES DOS 2 COLEXIOS PÚBLICOS
Día da Bici en Barbadás.
- O itinerario desenvoveuse polas rúas da Valenzá.
Participaron 60 nenos e nenas de 6º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro.
- Tamén se sumaron profesores e concelleiros/as.
- Os/as participantes estiveron acompañados durante o percorrido por integrantes de Protección Civil e a Policía Local.
- Esta actividade está enmarcada no “Camiño Escolar, Ruta Catalina”.
- O obxectivo desta iniciativa é promover alternativas autónomas e saudables nos desprazamentos.
- Colabora a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).