01/06/2026
DÍA DA BICI no Concello de Barbadás
Inscricións: 1 e 2 de xuño. Celebración: 3 de xuño de 2026 de 19:00 a 20:00 horas. Lugar: Patio do C.E.I.P. Filomena Dato

O Concello de Barbadás celebra o Día da Bici cunha xornada pensada para gozar do deporte, a diversión e a convivencia.
- Data: 3 de xuño de 2026
- Horario: de 19:00 a 20:00 horas
- Lugar: Patio do C.E.I.P. Filomena Dato
A actividade incluirá unha xincana ciclista con xogos e probas, dirixida especialmente á rapazada, onde poderán poñer a proba a súa habilidade sobre rodas nun ambiente seguro e dinámico.
Ademais, contaremos cunha exhibición especial de Mateo Rial, deportista que representa ao noso concello no Campionato do Mundo de Pump Track, unha oportunidade única para ver en directo talento local de alto nivel.
Actividades destacadas:
- Xincana de bicicleta
- Xogos e retos sobre rodas
- Exhibición deportiva
Inscricións:
A inscrición poderase realizar os días 1 e 2 de xuño enviando unha mensaxe de correo electrónico a educacion@barbadas.es, incluindo os seguintes datos:
- Nome e apelidos do neno/a
- Idade
- Nome e teléfono dun responsable.
Importante: o uso de casco é obrigatorio para participar.
Unha proposta aberta á veciñanza para fomentar hábitos saudables, o uso da bicicleta e o ocio activo.
Anímate a participar e celebra o Día da Bici con nós!
