24/08/2018
Dous no Camiño
E no verán?... Refréscate coa cultura

Dirixida por Avelino González con texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte, Dous no Camiño é unha montaxe creada específicamente para a programación do Xacobeo. Ademais de grandes clowns e formadores, Fran e Isabel conectan co público coma ninguén e espallan risos alá onde van. Nesta montaxe amósannos a dous peregrinos que se atopan no Camiño.
Atanasio e Teodoro son dous discípulos de Santiago Apóstolo que levaran os seus restos a Compostela e despois dunha viaxe no tempo de moitos séculos andan algo perdidos, por un lado sorprendidos con todas as modernidades que van atopando, pero por outra banda descubrindo que o esencial do Camiño, a natureza, as paisaxes incribles, e algúns monumentos, non cambiaron desde aquela. Na procura da ruta, interactuarán co público que vaian atopando no seu percorrido.
Lugar: Parque da Solaina
Data: Xoves, 30 de agosto
Hora: 21.00 h
Entrada: Libre