23/06/2024
“En Barbadás, o verán é cultura”
Actuacións dende o 26 de xuño ao 29 de agosto de 2024
O Concello de Barbadás, organizou unha decena de espectáculos de maxia, música, circo ou teatro, entre outras propostas nas que non só o público infantil será o protagonista, xa que pensouse en todos os sectores da poboación.
A programación estenderase do 26 de xuño ao 29 de agosto e os actos comezarán ás 21.00 horas co seguinte calendario:
- 26 de xuño. Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás.
- 27 de xuño. Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás.
- 28 de xuño. Concerto do Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGTBI.
- 4 de xullo. Compañía de circo Amontonados por Azar. Espectáculo “H2Olga”.
- 11 de xullo. Acústico de Carolina Rubirosa. Música de autora e versións escollidas moi persoais.
- 18 de xullo. Culturactiva. Espectáculo “Máis sabor”.
- 1 de agosto. Compañía de Circo Marta Iglesias. Espectáculo “Hoxe si”.
- 8 de agosto. Compañía Teatral Pedras de Cartón. Espectáculo “Quixote”.
- 22 de agosto. Maxia con Joshua Kennet. “Degustación de imposibles na rúa”.
- 29 de agosto. Concerto de Gin Toni´s.